Friday 03 de May de 2024

Corte de tráfico por obrase en DP-0801


Xa están a piques de rematar as obras de mellora da seguridade viaria que está a levar a cabo a Deputación da Coruña na estrada DP-0801. As beirarrúas e a execución das redes de saneamento, abastecemento e iluminación xa están listas e, como último paso, procederase á pavimentación da plataforma. Por iso, pedimos o derradeiro esforzo á veciñanza, xa que para acometer estes traballos a vía permanecerá cortada ao tráfico desde as 8 horas do martes, 31 de maio, ata as 18 horas do xoves, 2 de xuño.